A Influencia da Superficie Terrestre

Entre os océanos e a terra establécense importantes contrastes de temperatura que inducen fenómenos locais de vento coma os sistemas diarios de brisas mariñas na fronteira de separación de ambos medios, é dicir, nas costas.

As montañas crean o seu propio clima e a súa influencia chega moi lonxe; as cordilleiras forman barreiras contra a libre circulación do aire na atmósfera inferior, obrigando ós ventos a saltaren por enriba delas, ascenso que enfria o aire e pode provocar tanto abundantes precipitacións a barlovento e a creación de ventos secos ou templados nas ladeiras de sotavento das cadeas montañosas no chamado efecto Foen, coma a formación de ondas na atmósfera; este fenómeno ondulatorio pode xerar, á súa vez, nubes orográficas ou interesantes efectos visuais.

Finalmente, hai que considera-lo efecto dos volcáns, que coas súas emisións de cinza reducen as temperaturas globais terráqueas.

 

 

Mares e océanos

Montañas e vales

Volcáns

 

 

 

Páxina elaborada por Pedro Montero e Beatriz Hervella.
Última actualización: 15/10/2000 
As Ondas de Rossby
Mares e Océanos
A Temperatura