O Clima

O clima foi considerado, dunha forma clásica, coma o promedio das diferentes situacións meteorolóxicas presentes nunha determinada área xeográfica. Consideraríase entonces o clima dunha área da Terra coma o promedio dos valores das variables meteorolóxicas (temperatura, vento, humidade relativa, choiva, etc.) durante a lo menos 30 anos. Esta definición considérase na actualidade demasiado estricta polo que tamén se pode considerar clima, ademáis do anterior, á integración da variabilidade temporal da atmósfera e as súas repercusións sobre a superficie coma o clima dunha rexión determinada.

O clima é o resultado dunha serie de complexas interaccións entre diferentes compoñentes, tales coma a atmósfera, o océano, os chans ou a biosfera, que na actualidade non foron todavía completamente entendidas.

 

O lugar máis seco do mundo é o deserto do Atacama, ó norte de Chile.

A temperatura máis baixa rexistrada xamais no Hemisferio Norte (-71ºC) foi na rexión de clima frío de Oimyakon, en Siberia.

A máis alta temperatura europea, 50,5 ºC rexistrouse no Sur de Portugal

 

Páxina elaborada por Pedro Montero e Beatriz Hervella.
Última actualización: 15/10/2000 

 

O Cambio Climático