O Cambio Climático

O clima terrestre sufríu variacións de forma natural ó longo da historia terrestre. Así pois, non é algo inmutable, aínda que estes cambios se produzan en escalas de tempo moi superiores ás dunha vida humana, salvo as provocadas por cataclismos tales coma a caída de meteoritos que orixinaron polo menos dúas grandes extincións na Terra.

A estes cambios provocados pola natureza sumouse no último século a acción do home, fundamentalmente debido ó aumento dos denominados gases de efecto invernadeiro. Estes gases teñen a propiedade de devolve-la radiación infravermella cara a Terra, aumentando así a súa temperatura. O máis coñecido deles, aínda que non o único, é o CO2, subproducto da quema de combustibles fósiles tales coma o carbón, o petróleo e o gas natural.

Non existe todavía plena seguridad de que un cambio climático provocado polo aumento na concentración destes gases comezara xa, pero no que si existe un acordo casi unánime é en que este aumento terá consecuencias durante o próximo século.

Así ,en 1995 o IPCC (International Panel on Climate Change), o panel de expertos constituido polas Nacións Unidas confirmou que "o balance de evidencias suxire que existe unha influencia humana discernible sobre o clima". Ese mismo ano este panel publicou que o aumento da temperatura media global da terra será de entre 1 y 3.5º para o ano 2100. Ademáis, o nivel medio dos mares aumentaría entre 15 y 95 cm para ese mesmo ano.

Un dos retos científicos plantexados na actualidade é o estudio dos efectos destes cambios a nivel rexional, para o que será necesario refina-los modelos utilizados na actualidade para o estudio do cambio climático, así como o entendemento do papel que os océanos xogarán nestes cambios.

Máis información:

IPCC -> www.ipcc.ch
UNFCCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) -> www.unfccc.de WRCP (World Research Climate Program) -> www.wmo.ch/web/wcrp/wcrp-home.html CLIVAR (Climate Variability and predictability) ->www.soc.soton.ac.uk/CLIVAR

 

 

A cidade de "Los Ángeles" (EEUU) consume 33 millóns de litros de gasolina e gasóleo ó día e, en consecuencia, produce máis de doce mil toneladas diarias de polución atmosférica.

 

 

 

Páxina elaborada por Pedro Montero e Beatriz Hervella.
Última actualización: 15/10/2000 

O Clima

A Atmósfera